Entidade do mes: Conservas Lago Paganini

A historia de Conservas Lago Paganini comeza en 1915, nun pequeno negocio de salgaduras no peirao de Ojea, en Cangas. Máis dun século despois, esta empresa familiar continúa dedicada á elaboración de conservas de produtos do mar.

Hoxe traballa desde o polígono de Castiñeiras, en Bueu, onde combina a experiencia acumulada durante xeracións cos procesos da industria conserveira actual.

O pasado mes de febreiro incorporouse á marca pescadeRías de onde se non? como empresa transformadora certificada. A certificación abrangue unha ampla variedade de produtos: cefalópodos, peixes, moluscos bivalvos, equinodermos e algas.

Unha traxectoria centenaria que segue a sumar novos capítulos.

Certificacións

Damos a benvida á marca a Conservas Antonio Alonso S.A., que no mes de abril pasou a auditoría de certificación inicial para moluscos bivalvos.

Conservas Antonio Alonso S.A., maestros conserveiros desde 1873, é a empresa deste sector máis antigua de España en activo, e veñen de celebrar no 2023 os seus 150 de historia. Comercializan a marca Palacio de Oriente, todo un referente da conserva galega.

Certificacións

A depuradora de moluscos Mariscos Ramais S.L. renova a súa certificación na marca pescadeRías, ¿de onde se non? para o grupo biolóxico bivalvos.

Así mesmo, a empresa distribuidora Mares de Galicia S.A. tamén renova a súa certificación para bivalvos, estando ademais certificada como transformadora deste grupo biolóxico.

Da Lonxa ao Prato S.L., depuradora de bivalvos ubicada na Lonxa de Ribeira, amplía a súa certificación na marca como distribuidora de peixe, cefalópodos, crustáceos, equinodermos e antozoos.