Nesta edición do boletín contamos coa colaboración de Rafael Bañón, doutor en Bioloxía e investigador do Instituto Español de Oceanografía de Vigo, que nos achega unha guía práctica para identificar os sargos e outras especies afíns presentes nas costas galegas.
O artigo repasa as principais características da familia dos espáridos, un grupo de peixes de grande interese comercial e gastronómico, e explica as diferenzas morfolóxicas que permiten distinguir especies como o sargo común, o sargo bicudo, o sargo acastañado, a chaparella, o ollomol, a breca, a dourada, o prago ou a choupa.
Un contido divulgativo e rigoroso para coñecer mellor a diversidade das especies que forman parte da nosa actividade pesqueira e do patrimonio mariño galego.
Podes ler o artigo aquí.