Acompañamos a Beatriz Chousa, asistencia técnica da Confraría de Pescadores do Porto do Son, nunha xornada do seu traballo, esencial na xestión do marisqueo e dos recursos específicos.
Bea cóntanos en que consiste o seu traballo, cales son os recursos que se traballan na súa confraría, e a importancia das mostraxes biolóxicas e do seguimento dos recursos mariños para garantir unha explotación responsable e sostible.
Unha reportaxe que permite coñecer mellor o papel das asistencias técnicas das confrarías e a súa contribución á conservación dos recursos e ao futuro do sector.
Podes ver o vídeo aquí.