O pasado 20 de xuño comezou a veda da centola e do boi en Galicia, co peche da campaña extractiva destas dúas especies ata o outono.
O novo Plan experimental para a xestión da centola e do boi 2026-2027 establece que a veda se prolongará ata o 8 de novembro nas zonas A e B, comprendidas entre a desembocadura do río Miño e o cabo Corrubedo, e entre o cabo Corrubedo e o cabo Estaca de Bares, respectivamente. Na zona C, entre Estaca de Bares e o río Eo, a veda da centola rematará o 29 de novembro, mentres que a do boi finalizará tamén o 8 de novembro.
Do 16 ao 19 de xullo, Cambados celebrará a XXII Edición da Festa da Vieira, cunha programación gastronómica e de ocio que inclúe showcookings e actuacións musicais. O 25 de xullo e o 8 de agosto, Portocubelo (Lira) acolle unha nova edición da Degustación Popular dos Produtos da Reserva Mariña de Lira, con polbo, navallas, percebe, nécoras, mexillóns e berberechos como protagonistas.
Ademais, o 2 de agosto, Aguiño celebrará a XXVII Festa do Percebe, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, un evento que rende homenaxe a un dos produtos máis emblemáticos do litoral galego.
Tres citas imprescindibles para gozar da gastronomía mariñeira, apoiar o sector pesqueiro e coñecer de preto a calidade dos produtos do noso mar.
A Consellería do Mar aprobou unha nova orde que regula a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente en Galicia.
O novo texto adapta os requisitos de acceso e a formación ás necesidades actuais do sector co obxectivo de facilitar a incorporación de novos profesionais e favorecer a remuda xeracional.
Entre as principais modificacións destaca a redución da duración do curso de mariñeiro/a pescador/a de 50 a 23 horas, así como a flexibilización dos requisitos de acceso ás distintas titulacións.
A agulla (Belone belone) é a especie protagonista do mes. Trátase dun peixe azul facilmente recoñecible polo seu corpo longo e estreito e polas súas características mandíbulas alongadas provistas de pequenos dentes. Habita preto da superficie, en augas abertas e batidas, aínda que durante o verán adoita achegarse á costa formando bancos.
En Galicia, a época habitual de consumo comprende os meses de primavera e verán, e captúrase principalmente con cerco e anzol. A súa carne é firme, saborosa e rica en proteínas, ácidos graxos omega-3, vitaminas A e E e minerais como calcio, potasio, ferro e zinc. Un peixe versátil na cociña, ideal para preparar frito, guisado, en escabeche ou afumado.
Peixoto Alimentación S.L. é unha empresa galega especializada na distribución de produtos refrixerados e conxelados, con especial dedicación aos peixes e mariscos procedentes das rías galegas. As súas instalacións, situadas no Porto de Marín, permítenlle ofrecer un servizo áxil e garantir a máxima calidade dos seus produtos.
A empresa está certificada coa marca pescadeRías de onde se non? como transformadora de cefalópodos desde maio de 2025, unha aposta e compromiso coa trazabilidade e a valorización da pesca artesanal galega.
O seu produto máis representativo é o polbo, que comercializa en distintos formatos: enteiro cocido no seu propio envase, medio polbo ou patas, que se adaptan ás necesidades tanto da canle profesional como das persoas consumidoras.
A intelixencia artificial e as imaxes hiperespectrais están chamadas a revolucionar o control de calidade dos produtos da pesca.
No artigo deste mes, Juan Rodríguez Herrera, Carlos Vilas Fernández e Silvia Muñoz Santiago, persoal investigador do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), explican como estas tecnoloxías permiten avaliar de forma automática, obxectiva e non destrutiva a frescura do peixe en tempo real.
O traballo presenta os resultados obtidos en pescada e rodaballo, demostrando o potencial destas ferramentas para optimizar os procesos de control, reducir o desperdicio alimentario e reforzar a seguridade e a confianza das persoas consumidoras.
A cornicha (Spisula solida) é a protagonista da receita deste mes, unha proposta que reivindica o potencial gastronómico deste molusco. O seu autor é Ángel Parada, cociñeiro de Ribeira, chef da Bodega Gran Bazán e colaborador de Espazo Remollo, quen presenta un prato inspirado nos sabores do Atlántico.
A elaboración combina a delicadeza da cornicha cunha salsa elaborada a partir de diferentes algas mariñas que potencia a súa intensidade e achega unha gran profundidade de sabor.
Unha proposta que demostra a versatilidade da cornicha na cociña e pon en valor este produto a través dunha interpretación contemporánea, respectuosa coa materia prima e coa identidade da gastronomía atlántica.
Podes ver aquí os ingredientes e a elaboración paso a paso.
Co inicio de xullo rematan as vedas biolóxicas do polbo, anécorae olumbrigante, polo que estas tres especies regresan ás lonxas galegas e aos puntos de venda tras varios meses sen actividade extractiva.
No caso do polbo, a campaña comezou o 1 de xullo cun novo plan de xestión que mantén medidas destinadas a regular o esforzo pesqueiro e favorecer a recuperación do recurso. O plan divide o litoral galego en tres zonas: a Zona A, desde A Guarda ata a Pedra do Sal (Caión); a Zona B, desde a Pedra do Sal ata a Illa de San Vicente (Estaca de Bares); e a Zona C, desde a Illa de San Vicente ata o río Eo, no litoral cantábrico.
Nas zonas A e B autorízanse 200 nasas por tripulante enrolado e a bordo, cun máximo de entre 300 e 600 nasas por embarcación, segundo o tipo de barco e a zona de pesca. Na Zona C, as embarcacións máis pequenas poden calar ata 175 nasas, mentres que as de maior porte dispoñen de 250 nasas máis 50 por tripulante, cun máximo de 550 nasas por embarcación.
En canto ás cotas de captura, durante os meses de xullo e agosto cada embarcación poderá desembarcar un máximo de 35 quilos diarios, aos que se engaden 35 quilos por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un límite de 240 quilos por embarcación e día. Desde o 1 de setembro, a cota increméntase a 55 quilos por embarcación máis 55 quilos por tripulante, cun máximo de 380 quilos diarios.
Pola súa banda, a nécora e o lumbrigante tamén volveron aos mercados tras finalizar a súa veda biolóxica, de xeito que se recupera o abastecemento de dúas especies moi demandadas.
Tamén comezou a campaña da lura coa arte de boliche, autorizada entre os meses de xullo e outubro. A actividade poderá desenvolverse de luns a venres, en horario diúrno, nas augas interiores comprendidas entre Punta Carreiro (Monte Louro) e Cabo Silleiro, tendo como especie obxectivo a lura e as súas especies acompañantes.
Conocer los criterios para identificar la frescura de pescados y mariscos nos ayuda a comprar con más criterio y a valorar mejor la calidad de los productos de la pesca artesanal gallega.
La frescura es uno de los principales atributos de calidad de los productos del mar. No solo influye en el sabor, la textura y el valor gastronómico, sino también en su conservación y seguridad alimentaria. Aunque los controles realizados a lo largo de la cadena de comercialización ofrecen todas las garantías al consumidor, existen algunas señales sencillas que nos permiten evaluar visualmente el estado de frescura de un pescado, cefalópodo, molusco o crustáceo.
Pescados: los ojos nunca engañan
En el caso de los pescados, la frescura puede apreciarse observando diferentes partes del cuerpo. Los ojos son uno de los indicadores más fiables: en un ejemplar fresco aparecen brillantes, transparentes y ligeramente salientes. Por el contrario, cuando el pescado pierde frescura, los ojos se hunden, adquieren un aspecto apagado y la córnea se vuelve opaca.
La piel también proporciona información valiosa. Los pescados recién capturados presentan colores vivos y brillantes, con una pigmentación bien definida. A medida que pasa el tiempo, los tonos van perdiendo intensidad y el aspecto general resulta más apagado.
Otro aspecto importante es la consistencia de la carne. Un pescado fresco mantiene una textura firme y elástica; la rigidez del cuerpo es señal de frescura. Si la carne está blanda o flácida, es una señal de pérdida de frescura.
Las branquias son otro excelente indicador. Deben presentar un color rojo vivo o rosado intenso y estar libres de mucosidades anormales. Además, su olor debe recordar al mar, a las algas o al yodo, nunca resultar agrio, rancio o desagradable.
Cefalópodos: brillo, firmeza y olor suave
Calamares, pulpos o sepias también ofrecen señales muy claras sobre su estado de conservación.
En un cefalópodo fresco, la piel conserva su brillo natural y los colores característicos de la especie. Con el paso del tiempo, la superficie se va arrugando, pierde brillo y aparecen tonalidades rosadas o violáceas poco definidas.
La carne debe ser densa y elástica. Conviene observar la unión entre la cabeza y los tentáculos, que en un ejemplar fresco permanece firme y resistente.
El olor es otro elemento fundamental: debe ser agradable y suave. Cualquier olor intenso o desagradable indica deterioro.
Moluscos bivalvos: siempre vivos
En el caso de las almejas, navajas, berberechos o vieiras frescas, existe una regla básica: deben estar vivos en el momento de la compra.
Las valvas deben permanecer cerradas o reaccionar rápidamente al más mínimo estímulo, cerrándose de inmediato. Si permanecen abiertas y no reaccionan, no deben consumirse.
También es importante comprobar que las conchas ofrecen resistencia a la apertura y que en su interior existe líquido abundante y transparente. La carne debe ser consistente y ocupar buena parte de la concha. Por el contrario, un líquido escaso y turbio es síntoma de pérdida de calidad.
El olor, como ocurre con el resto de los productos del mar, debe recordar al mar y resultar agradable.
Crustáceos: observar las uniones y la firmeza
En los crustáceos de cuerpo redondo, como la centolla o la nécora, un caparazón brillante y una unión firme entre el cuerpo y el abdomen son señales de frescura. La carne debe ser firme, elástica y presentar un color atractivo.
En los crustáceos de cuerpo alargado, como el camarón o la cigala, conviene fijarse especialmente en la unión entre la cabeza y el abdomen. En un ejemplar fresco no aparecen manchas negras ni signos de oscurecimiento. Además, ambas partes ofrecen resistencia a la separación.
La carne debe mantener una textura firme y un color blanco o rosado característico. Un olor intenso parecido al amoníaco o la aparición de tonalidades verdosas y negruzcas son señales inequívocas de deterioro.
La mejor garantía: la trazabilidad
Aunque estos criterios permiten identificar visualmente la frescura, la mejor garantía sigue siendo adquirir los productos en establecimientos de confianza, correctamente etiquetados y con información sobre su origen y trazabilidad.
Coñecer os criterios de identificación de frescura de peixes e mariscos axúdanos a mercar con máis criterio e a valorar mellor a calidade dos produtos da pesca artesanal galega.
A frescura é un dos principais atributos de calidade dos produtos do mar. Non só inflúe no sabor, na textura e no valor gastronómico, senón tamén na súa conservación e seguridade alimentaria. Aínda que os controis realizados ao longo da cadea de comercialización ofrecen todas as garantías ao consumidor, existen algúns sinais sinxelos que nos permiten avaliar visualmente o estado de frescura dun peixe, cefalópodo, molusco ou crustáceo.
Peixes: os ollos nunca enganan
No caso dos peixes, a frescura pode apreciarse observando diferentes partes do corpo. Os ollos son un dos indicadores máis fiables: nun exemplar fresco aparecen brillantes, transparentes e lixeiramente saíntes. Pola contra, cando o peixe perde frescura, os ollos afúndense, adquiren un aspecto apagado e a córnea vólvese opaca.
A pel tamén proporciona información valiosa. Os peixes recentemente capturados presentan cores vivas e brillantes, con pigmentación ben definida. A medida que pasa o tempo, os tons van perdendo intensidade e o aspecto xeral resulta máis apagado.
Outro aspecto importante é a consistencia da carne. Un peixe fresco mantén unha textura firme e elástica; a rixidez do corpo é sinal de frescura. Se a carne está branda ou flácida, é un sinal de perda de frescura.
As galadas son outro excelente indicador. Deben presentar unha cor vermella viva ou rosada intensa e estar libres de mucosidades anormais. Ademais, o seu cheiro debe lembrar ao mar, ás algas ou ao iodo, que non resulte agre, rancio ou desagradable.
Cefalópodos: brillo, firmeza e cheiro suave
Luras, polbos ou chocos tamén ofrecen sinais moi claros sobre o seu estado de conservación.
Nun cefalópodo fresco, a pel conserva o seu brillo natural e as cores características da especie. Co paso do tempo, a superficie vai engurrándose, perde brillo e aparecen tonalidades rosadas ou violáceas pouco definidas.
A carne debe ser densa e elástica. Convén observar a unión entre a cabeza e os tentáculos, que nun exemplar fresco permanece firme e resistente.
O cheiro é outro elemento fundamental: debe ser agradable e suave. Calquera olor intenso ou desagradable indica deterioro.
Moluscos bivalvos: sempre vivos
No caso das ameixas, navallas, berberechos ou vieiras frescas, existe unha regra básica: deben estar vivos no momento da compra.
As valvas deben permanecer pechadas ou reaccionar rapidamente ao máis mínimo estímulo, pechándose de inmediato. Se permanecen abertas e non reaccionan, non deben consumirse.
Tamén é importante comprobar que as cunchas ofrecen resistencia á apertura e que no seu interior existe líquido abundante e transparente. A carne debe ser consistente e ocupar boa parte da cuncha. Pola contra, un líquido escaso e turbio é síntoma de perda de calidade.
O cheiro, como ocorre co resto dos produtos do mar, debe lembrar ao mar e resultar agradable.
Crustáceos: observar as unións e a firmeza
Nos crustáceos de corpo redondo, como a centola ou a nécora, un caparazón brillante e unha unión firme entre «a cabeza» e o abdome son sinais de frescura. A carne debe resultar firme, elástica e presentar unha cor atractiva.
Nos crustáceos de corpo alongado, como o camarón ou a cigala, convén fixarse especialmente na unión entre a cabeza e o abdome. Nun exemplar fresco non aparecen manchas negras nin sinais de escurecemento. Ademais, ambas partes ofrecen resistencia á separación.
A carne debe manter unha textura firme e unha cor branca ou rosada característica. Un cheiro intenso semellante ao amoníaco ou a aparición de tons verdosos e negruzcos son sinais inequívocos de deterioración.
A mellor garantía: a trazabilidade
Aínda que estes criterios permiten identificar visualmente a frescura, a mellor garantía segue sendo adquirir os produtos en establecementos de confianza, correctamente etiquetados e con información sobre a súa orixe e trazabilidade.